M31 contra M33

M31M33MirachMalcolm1024
Créditos da imaxe e copyright: Malcolm Park (North York Astronomical Association)
Explicación: as galaxias espirais M31, á esquerda, e M33, afastadas por uns 14 graos (28 Lúas cheas) no ceo do planeta Terra, son ámbalas dúas membros do Grupo Local, xunto coa nosa propia galaxia Vía Láctea. Esta mcomposición de multi-cámara de ángulo amplo e estreito atopa detalles na estrutura espiral en ambas, mentres as masivas galaxias da veciñanza parecen estar equilibradas nos campos estelares a cada lado da brillante Mirach, a estrela beta da constelación Andrómeda. Mirach está a xusto de 200 anos luz do Sol. Pero M31, a galaxia Andrómeda, realmente está a 2,5 millóns de anos luz de distancia e M33, a galaxia do Triángulo, tamén está a uns 3 millóns de anos. Aínda que semellan afastadas, M31 e M33 están engrenadas nunha loita gravitatoria. De feito, os radioastrónomos atoparon indicacións dunha ponte de gas hidróxeno neutro que podería conectalas dúas, evidencia dun encontro achegado no pasado. indications of a bridge of neutral hydrogen gas that could connect the two, evidence of a closer encounter in the past. Based on measurements, gravitational As simulacións gravitatorias, baseadas nas medidas, predin actualmente que a Vía Láctea, M31, e M33 sufrirán mutuos encontros e potencialmente fusións, nun futuro de milleiros de millóns de anos.