Analema antártica

 Analema antárticaCréditos da imaxe e copyright: Adrianos Golemis
Explicación: volta o Sol ao mesmo lugar do ceo cada día? Non. Unha resposta mellor e máis visual para esa pregunta é unha analema, unha imaxe composta que se tirou desde o mesmo lugar á mesma hora durante o curso dun ano. A analema semanal publicada tirouse a pesares das temperaturas frías e os fortes ventos preto da Estación Concordia da Antártida. A posición do Sol foi capturada ás 16:00 en moitos días na imaxe composta dixitalmente, pensándose que é a primeira analema construída desde a Antártida. A razón de que a imaxe só amose o Sol desde setembro a marzo débese a que o Sol estaba por baixo do horizonte en gran parte durante o resto do ano. De feito, sendo hoxe un equinoccio, o Sol amence hoxe no polo Sur despois de seis meses de ausencia e non se porá de novo outra vez ata o vindeiro equinoccio de marzo, descubrindo grandes efectos atmosféricos de refracción. E, á inversa, hoxe o Sol ponse no polo Norte despois de medio ano de luz diurna continua. Aínda que no resto da Terra, o equinoccio significa que hoxe haberá o mesmo tempo de escuridade que de claridade pois ámbolos dous teñen 12 horas de duración.