A Vía Láctea sobre a Estación Bosque Alegre de Arxentina

MWArgentina_DAlessandro_960Créditos da imaxe e copyright: Sebastián D’ Alessandro
Explicación: que son esas manchas de luz do ceo? Primeiro e a máis importante, a estrutura en arco da franxa central da nosa galaxia Vía Láctea. Nesta banda galáctica poden ollarse millóns de estrelas afastadas mesturadas con numerosos corredores de po escuro. Máis difícil de albiscar hai un chorro case vertical de luz que se ergue desde o horizonte, xusto á dereita do centro da imaxe. Este chorro é a luz zodiacal, luz solar esparexida polo po do noso Sistema Solar que pode aparecer abraiantemente destacado xusto tralo solpor ou xusto antes do mencer. No primeiro plano hai varios telescopios da Estación Astrofísica Bosque Alegre da Universidade Nacional de Córdoba en Arxentina. A estación programa visitas de fins de semana e dirixe investigacións sobre a natureza de moitos obxectos astronómicos, incluíndo cometas, galaxias activas e cúmulos de galaxias. A imaxe publicada tirouse a comezos deste mes.