Galaxia espiral M96 desde o Hubble

M96_Hubble_960Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA e o equipo LEGUS; Agradecementos: R. Gendler
Explicación: os corredores de po semellan xirar ao redor do núcleo de Messier 96 neste retrato polo miúdo cheo de cor do centro dun fermoso universo illa. Naturalmente, M96 é unha galaxia espiral e, tendo en conta os brazos tenues que se estenden máis alá da rexión central máis brillante, abarca 100 milleiros de anos luz máis ou menos, facendo que teña aproximadamente o tamaño da nosa propia Vía Láctea. M96, tamén denominada NGC 3368, é coñecida por estar a uns 35 millóns de anos luz de distancia e ser un membro dominante do grupo de galaxias Leo I. A imaxe publicade foi tomada polo Telescopio Espacial Hubble. A razón da asimetría de M96 non está clara; podería resultar das interaccións gravitatorias con outras galaxias do grupo Leo I, pero a falla dun brillo difuso no interior do grupo semella indicar poucas interaccións recentes. Ao fondo, poden atoparse galaxias máis lonxe ao examinar os bordos da imaxe.