Fotos desde enriba de Cthulhu Regio

pluto05_NewHorizons_960Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.
Explicación: están comezando a chegar novas imaxes de alta resolución de Plutón desde o máis exterior do noso Sistema Solar. A nave espacial automática New Horizons, que  pasou a fume de carozo por Plutón en xullo, rematou de enviar al´guns datos de enxeñería necesarios e está agora a transmitir escolmas do seu enorme almacén de fotografías de Plutón e as súas lúas. A imaxe publicada, unha composición dixital, detalla un terreo abraiante cheo de cráteres, chairas e paisaxes de carácter descoñecido, así como accidentes xeográficos que lembran a cousas da Terra pero son bastante inesperados en Plutón. A area clara que se espalla pola parte superior dereita alcumouse Sputnik Planum e está a ser estudada polas súa estraña suavidade, mentres que a área escura con cráteres xusto por baixo da nave coñécese coma Cthulhu Regio. Ata o de agora, a New Horizons só compartiu unha pequena porcentaxe das fotografías e datos que tirou durante o seu sobrevoo de Plutón, pero continuará a enviar novas vistas do planeta anano incluso mentres se afasta paseniñamente cara exploración aínda máis afastadas.