Tránsito dobre da Estación Espacial

transits_luethen Créditos da imaxe e copyright: Hartwig Luethen
Explicación: non unha vez, senón dúas as que Estación Espacial Internacional transita o Sol durante órbitas consecutivas do planeta Terra neste fotograma composto a partires dun vídeo. A escena captouse o 22 de agosto desde unha localidade ben escollida en Schmalenbeck (Alemania), onde a ISS creou sendeiros de sombra que intersecan só uns 7 quilómetros de ancho. Os propios tránsitos, que cruzan o disco solar nun segundo ou menos, estaban afastados entre si uns 90 minutos, que se corresponden do periodo orbital da estación espacial. Mentres, o gran grupo de manchas solares que produce labaradas por baixo do centro, AR 2043, ficou a uns cómodos 150 millóns de quilómetros de distancia, a distancia entre a cámara e a estación orbital era de 656 quilómetros para o primeiro tránsito (o superio) e 915 quilómetros para o segundo tránsito, máis no cetro. Nunha silueta realmente definida, a ISS é claramente máis grande en tamaño angular durante a primeira e máis achegada pasada. Por suposto, mañá a Lúa transitará o Sol. Pero incluso desde localizacións ben escollidas, a súa sombra central e escura non chega máis que a crear na superficie da Terra unha eclipse parcial de Sol.