Unha lura xigante no morcego voador

sh2-129_Cannistra1024cCréditos da imaxe e copyright: Steve Cannistra (StarryWonders)
Explicación: ámbolos dous, a xigante nebulosa da Lura catalogada coma Ou4, moi tenue pero tamén moi grande no ceo do planeta Terra, e Sh2-129 que tamén é coñecida coma a nebulosa do Morcego Voador, captáronse nesta escnea cara a constelación real de Cepheus. O campo de vista telescópico, composto cun total de 20 horas de datos de manda ampla e estreita, ten case 4 graos ou 8 lúas cheas de diámetro. A nebulosa da Lura, descuberta en 2011 pol astrofotógrafo francés Nicolas Outters, ten unha suxerente forma bipolar que se distingue aquí xunto coa desveladora emisión azul-verdosa dos átomos ionizados de osíxeno. Aínda que semella aparentemente arrodeada pola emisión vermella do hidróxeno da rexión Sh2-129, a distancia verdadeira a a natureza da nebulosa da Lura foron difíciles de determinar. Aínda unha investigación recente suxire que realmente Ou4 se atopa no interior de Sh2-129 a uns 2.300 anos luz de distancia. Consistente con ese escenario, Ou4 representaría un fluxo de emisión espectacular de material dirixido por un sistema triple de estrelas masivas e quentes, catalogado coma HR8119, que se olla preto do centro da nebulosa. De ser así, a realmente xigante nebulosa da Lura tería fisicamente case 50 anos luz de diámetro.