Raio verde distorsionado ao solpor sobre Italia

Raio verde no estraño solporCréditos da imaxe e copyright: Paolo Lazzarotti
Explicación: este foi un solpor estraño. Por unha banda, o Sol, normalmente redondo, aparecía distorsionado xeometricamenta e con moitas capas. Por outra banda, algunhas destas capas aparecían estrañamente verdes. Por suposto que o Sol estaba ben; a súa aparencia rara estaba provocada completamente pola súa luz ao refractarse na atmosfera da Terra. Cando as capas da atmosfera da Terra son extraordinariamente mornas, as capas do Sol poden aparecer distorsionadas ou incluso ollarse varias veces. O efecto é máis forte canto máis preto do mencer ou solpor esteamos, momento no que as capas de inversión terrestres ocupan altitudes distintas por riba do horizonte. As cores diferentes do Sol tamén poden sufrir unha deflexión en magnitudes significativamente diferentes, polo que a máis superior da imaxe de enriba chega a ser momentaneamente verde; un fenómeno coñecido coma un raio verde. A imaxe publicada tirouse en febreiro desde Porto Venere (Italia), coa igrexa de San Pietro situada no primeiro plano.