A nebulosa Tiburón



Mira a explicación. Movendo o cursor sobre a imaxe terás a versión anotada. Premendo, aparecerá a de maior resolución dispoñible.
Créditos da imaxe e copyright: Maurice Toet Explicación: non hai mar terrestre grande abondo para conter a nebulosa Tiburón. Aínda que esta aparición do predador non nos supón ningún perigo, xa que está coposta só de gas interestelar e po. O po escuro coma o amosado aquí é dalgún xeito coma o fume dun cigarro e creouse nas atmoseras frías de estrelas xigantes. Despois de ser expulsado con gas e recondensado pola acción da gravidade, as estrelas masivas poden cavat estruturas intrincadas no interior da súa nube natal empregando a súa luz de gran enerxía e os rápidos ventos estelares coma ferramentas de escultura. A calor que xeran evapora a turbia nube molecular ademáis de facer que o gas hidróxeno ambiente se disperse e brille en vermello. Durante a desintegración os humanos podemos gozar imaxinando estas grandes nubes coma iconas comúns, como facemos coas nubes de auga da Terra. A nebulosa Tiburón, includindo as nebulosas de po máis pequenas coma a nebulosa Escura de Lynds 1235 e Van den Bergh 149 & 150, abarca uns 15 anos luz e atópase a uns 650 anos luz de distancia cara a constelación do Rei de Etipía (Cepheus)