A Vía Láctea con luminescencia austral

airglow_lco_beletskyCréditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Observatorio Carnegie Las Campanas)
Explicación: tralo solpor do 1 de setembro, unha luminescencia excepcionalmente intensa e avermellada inundou este ceo nocturno invernal chileno. Por riba dun mar de nubes e ao carón da Vía Láctea celeste, a luminescencia semella espallarse e fluír polo horizonte setentrional en ondas atmosféricas. A luminosa luminescencia, orixinada a unha altitude semellante ás auroras, débese á quimioluminescencia, a produción de luz pola excitación química. Esta emisión liminescente avermellada, normalmente captada cunha cor verdecente polas cámaras dixitais, provén dos átomos de osíxeno e as moléculas de OH en densidades moi baixas e estivo presente a miúdo nas noites dos ceos meridionais durante os últimos anos. Nesta noite foi visible a simple vista, pero sen cor. Antares e a Vía Láctea central están preto do alto, coa estrela brillante Arcturo á esquerda. Abarcando a Vía Láctea preto do horizonte están Vega, Deneb e Altair, coñecidas nas noites setentrionais coma as estrelas do Triángulo de Verán.