Plutón en cores melloradas

PlutoEnhanced_NewHorizons_960Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.
Explicación: Plutón ten máis cores do que podemos ollar. As imaxes e os datos de cor do máis famoso planeta anano do noso Sistema Solar, tomados pola sonda espacial New Horizons durante o seu sobrevoo de xullo, combináronse dixitalmente para dar unha visión salientada deste mundo antigo que amosa unha superficie abraiantemente nova. A  imaxe publicada en cores melloradas non é so fermosa esteticamente senón útil cientificamente, facendo que as rexións superficiais de composición química distinta sexan visualmente diferentes. Por exemplo, a máis clara Tombaugh Regio con forma de corazón da parte interior dereita amósase claramente aquí que é divisible en dúas rezións que son diferentes xeoloxicamente, co lobo da esquerda Sputnik Planum aparecendo tamén estranamente suave. A New Horizons continúa agora máis alá de Plutón, e continuará transmitindo máis imaxes e datos, e axiña será dirixido para mudar o seu curso para que poida sobrevoar ao asteroid 2014 MU69 en xaneiro de 2019.

Imaxes de Plutón e explicacións breves: procura de Plutón do APOD