M31: a galaxia Andrómeda

m31: a galaxia andrómedaCréditos da imaxe e copyright: Robert Gendler
Explicación: cal é a gran galaxia máis achegada a nosa propia galaxia Vía Láctea? Andrómeda. De feito, pénsase que a nosa galaxia é moi semellante a Andrómeda. Estas dúas galaxias xuntas dominan o Grupo Local de galaxias. A luz difusa de Andrómeda débese aos centos de milleiros de millóns de estrelas que a compoñen. As diferentes estrelas que se albiscan ao redor da imaxe de Andrómeda son realmente estrelas da nosa galaxia que están ben por diante do obxecto do fondo. Adoito Andrómeda é referida coma M31 xa que se trata do obxecto número 31 da lista de Messier de obxectos celestes difusos. M31 está tan afastada que á luz lévalle uns dous millóns de anos chegar a nós desde alí. Aínda que visible sen axuda, a imaxe superior de M31 é un mosaico dixital de 20 fotogramas tomados cun telescopio pequeno. Ao redor de M31 hai moito que fica descoñecido, incluíndo canto pasará exactamente antes de que colisione coa nosa galaxia fogar.