Coliinder 399: o Colgadoiro


Mira a explicación. Movendo o cursos sobre a imaxe terás unha versión anotada. Preme nela e chegarás á máxima resolución dispoñible.

Créditos da imaxe e copyright: John Chumack
Explicación: é este colgadoiro de abrigos un cúmulo estelar ou un asterismo? O século pasado debatiuse moito sobre esta percha cósmica, cando os astrónomos se preguntabas se este obxecto visible con binoculares é realmente un cúmulo aberto asociado fisicamente ou unha proxección casual. As proxeccións estelares casuais son coñecidas coma asterismos, sen un exemplo dos mesmos o popular Gran Carro. As recentes e precisas medicións desde diferentes puntos de referencia da órbita da Terra ao redor do Sol descubriron discrepancias nas variacións angulares que inticaban que o Colgadoiro descríbese mellor coma un asterismo. Coñecido máis formalmente coma Collinder 399, este brillante grupo estelar é máis amplo cá Lúa chea e atópase na constelación da Raposa (Vulpecula).

APOD tamén está dispoñible en: árabe, indonesio bahasa, catalán, chinés, chinés, checo, neerlandés, persa, persa, galego, alemán, inglés, francés, hebreo, xaponés, coreano, montenegrino, polaco, ruso, serbio, eslovaco, castelán, thai ou turco