Paisaxe celeste do Cygnus central

CygnusCrescent_Swift_960Créditos da imaxe e copyright: Paul C. Swift
Explicación: a golpes de pincel cósmico de gas hidróxeno brillante, esta fermosa paisaxe celeste desenvólvese ao través do plano da nosa galaxia Vía Láctea mailo centro da constelación setentrional Cygnus, o Cisne. A imaxe publicada abarca uns seis graos. A brillante estrela superxigante Gamma Cygni (Sadr) na parte superior esquerda do centro da imaxe no primeiro plano do complexo de nubes de gas e po e os eidos ateigados de estrelas. Á esquerda de Gamma Cygni, coa forma de dúas ás luminosas divididas por escuros corredores de po escuro, está IC 1318, cun nome popular moi claro de nebulosa Bolboreta. A nebulosa brillante e máis compacta na parte inferior dereita é NGC 6888, a nebulosa do Crecente. Hai quen estima unha distancia para o lugar de Gamma Cygni duns 750 anos luz mentres se estima para IC 1318 e NGC 6888 un rango que vai dos 2.000 aos 5.000 anos luz.