Po de cometa sobre a rocha encantada

perseid2015tennant_DSC1241-1024Créditos da imaxe e copyright: Jared Tennant
Explicación: os refugallos poeirentos do cometa periódico Swift-Tuttle varrían o planeta Terra esta semana. Vaporizados polo seu paso ao través da densa atmosfera a 59 quilómetros por segundo, os grans pequenos producían un chorro de meteoros das perseidas. Un alustro dunha perseida, brillante e colorido, foi capturado durante esta exposición de 20 segundos. Fixo a súa aparición efémera trala medianoite do 12 de agosto, nos ceos sen Lúa sobre a ampla cúpula granítica da Área Natural Estatal Enchanted Rock, centro de Texas, EUA. Por baixo do meteoro das perseidas, as árbores fican silueteadas contra as luces esparexidas ao longo do horizonte e a débil Vía Láctea, a mesma que aparece cortada polas nubes escuras de po interestalar.