Meteoros sen Lúa e a Vía Láctea

viz_2013_08_08-14_Perseidy_1024a
Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek
Explicación: ollaches a chuvia de meteoros das perseidas? Aínda que o máximo da chuvia anual predito foi a noite pasada, a actividade meteórica debería continuar esta noite (13/14 agosto), gozándoa mellor en lugares de ceos escuros e claros ao mirar trala medianoite. Por suposto, a chuvia das perseidas deste ano ten a vantaxe de ser activa preto da Lúa nova do 14 de agosto. Como a Lúa case nova non sae antes antes do fusco e lusco da mañá, moitos meteoros tenues son máis doados de ollar ata entón, sen a interferencia do brillo do luar. A anterior chuvia de meteoros das perseidas que ocorreu preto dunha Lúa nova foi en 2013. Aí foi cando se empregaron exposicións para construír a imaxe, baixo os ceos escuros sen lúa, desde a illa Island fronte á costa de Croacia. O amplo campo da composición inclúe 67 meteoros fluíndo desde a constelación heroica de Perseus, o radiante da chuvia, captado durante 8-14 de agosto contra un fondo de tenue luz zodiacal e a Vía Láctea. A vindeira chuvia das perseidas sen lúa será en agosto de 2018.