A Vía Láctea e o estourido dun meteoro

MeteorBoom_vanderHoeven_750Créditos da imaxe e copyright: André van der Hoeven
Explicación: esta noite a chuvia de meteoros das perseidas chega ao seu máximo. Grans de rocha xeada raiarán o ceo mentres se evaporan ao entrar na atmosfera da Terra. Estes grans foron sementados polo cometa Swift-Tuttle. As perseidas resultan do cruce anual da Terra ao través da órbita do cometa Swift-Tuttle, e normalmente son das chuvias de meteoros máis activas do ano. Aínda que é difícil predicir o nivel de actividade de calquera chuvia de meteoros, nun ceo escuro e despexado un observador podería ollar un meteoro por minuto. As perseidas deste ano ocorren xusto antes dunha Lúa nova e, polo tanto, un ceo relativamente escuro debería facer que incluso os meteoros máis febles sexan visibles. En xeral, as chuvias de meteoros son mellores de ollar desde unha posición relaxada, afastados das luces. Aquí preséntase un meteoro collido ao estourar hai dúas semanas por riba de Austria preto da banda central da nosa galaxia Vía Láctea.