Un halo lunar azul sobre a Antártida

BlueMoonHalo_Hang_960Créditos da imaxe e copyright: LI Hang
Explicación: algunha vez ollaches un halo ao redor da Lúa? Un deses aneis de 22 graos ao redor da Lúa, provocado por cristais de xeo que caen na atmosfera da Terra, son un pouco raros. Vale, pero algunha vez chegaches a ver unha lúa azul? Segundo a definición moderna de lúa azul, a segunda lúa chea que acontece nun mes do calendario, tamén son raras. Polo tanto, o que se amosa arriba podería por tanto considerarse dobremente raro; un halo arrodeando unha lúa azul. A imaxe publicada foi tirada a finais do mes pasado preto da estación Zhongshan na Antártida. No primeiro plano pode ollarse unha central de xeración eléctrica e un vehículo para a neve. O que poderían ser estrelas no fondo son realmente folerpas de neve alumeadas preto da cámara.