HCG 87: un grupo pequeno de galaxias

hcg87_gmoss_960Créditos da imaxe: GMOS-S Commissioning Team, Gemini Observatory
Explicación: ás veces as galaxias forman grupos. Por exemplo, a nosa propia galaxia Vía Láctea forma parte do Grupo Local de Galaxias. Os grupos compactos e pequenos, coma o grupo compacto Hickson 87 (HCG 87) que se amosa aquí, son interesantes en parte porque se autodestrúen paseniñamente. De feito, as galaxias de HCG 87 están estirándose gravitatoriamente entre elas durante as súas órbitas de 100 millóns de anos ao redor dun centro común. Os tiróns crean gas en colisión que provoca estoupidos brillantes de formación estelar e alimenta a materia do interior dos centros galácticos activos. HCG 87 está formada por unha gran galaxia espiral que está de canto visible preto do centro da imaxe, unha galaxia elíptica que se pode ollar á súa dereita e unha galaxia espiral que se olla preto do alto. A espiral pequena preto do centro podería estar máis afastada ao lonxe. Tamén poden ollarse varias galaxias da nosa galaxia no primeiro plano. O estudo de grupos coma HCG 87 permite albiscar no interior de como se forman e evolucionan todas as galaxias.