Plutón en estéreo

 NHPlutoStereoMay_ed2_1024Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins University/APL,
Southwest Research Institute – Montaxe estéreo: Brian May
Explicación: estas dúas imaxes detalladas en cores reais de Plutón foron captadas durante o histórico sobrevoo da New Horizons o mes pasado. Con perspectivas lixeiramente diferentes das estruturas superficiais agora recoñecibles, presentáronse nesta primeira parella en estéreo de alta calidade coa intención de seren contempladas polos cidadáns do planeta Terra. A imaxe á man esquerda (ollo esquerdo) é un mosaico gravado cando a nave espacial estaba a uns 450.000 quilómetros de Plutón. A imaxe da dereita foi tomada máis tarde, unha última ollada completa antes do achegamento máis próximo da nave espacial. Debido a unha diferencia de resolución, a parella combínase para unha espectacular perspectiva en 3D do afastado terreo infernal.