Arcos da vella e raios sobre Bryce Canyon

Arcos da vella e raios sobre Bryce CanyonCréditos da imaxe e copyright: John Rummel
Explicación: que está a acontecer sobre Bryce Canyon? Dous efectos ópticos diferentes que foron captados nunha fotografía tirada a comezos deste mes. Ámbolos dous efectos necesitaron ter o Sol situado directamente por tras do fotógrafo. A aparición máis achegada foi o común arco da vella, que creou o chorro da luz solar desde o sol poñéndose sobre a cabeza do fotógrafo, e difundida polas pingas de auga á fronte do cañón. Se ollas de fite, incluso aparece un segundo arco da vella por riba do primeiro. Máis raro, e quizais máis impactante, son os raios de luz que emanan desde o horizonte por riba do cañón. Son os coñecidos coma raios anticrepusculares e resultan dos chorros de luz solar que se rachan nas nubes, ao redor do ceo, e converxen no punto a 180 graos ao redor desde o Sol. Xeometricamente, este punto antisolar debe coincidir co centro exacto dos arcos da vella. Localizado en Utah, EUA, o propio Bryce Canyon contén un conxunto pintoresco de antigas agullas de rochas sedimentarias coñecidas coma hoodoos.