Plutón resolto

Pluto04_NewHorizons_960Créditos da imaxe e copyright: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.
Explicación: a New Horizons sobreviviu ao seu encontro de preto con Plutón e reanudou o envío de imaxes e datos. A sonda espacial automática informou en punto, con todos os sistemas funcionando, e co volume de datos almacenado que se agardaba. Aquí amósase a imaxe na maior resolución de Plutón tirada antes do seu achegamento máximo, unha imaxe que pon realmente a Plutón nun foco satisfactorio. Nunha primeira ollada, Plutón é avermellado e ten varios cráteres. Cara o fondo da imaxe hai unha rexión moi clara abraiantemente sen accidentes xeográficos que lembra un icónico corazón, e terreo montañoso que aparece na parte inferior dereita. Porén, esta imaxe é só o comezo.Mentres chegan a cachón máis imaxes e datos hoxe, durante a vindeira semana mailo próximo ano, o coñecemento da humanidade sobre Plutón e as súas lúas probablemente se verá revolucionado.

Novidades do sobrevoo de Plutón: #PlutoFlyby, Twitter, Facebook, Web