A New Horizons despega cara Plutón

NewHorizonsLaunch_Cooper_1080Créditos da imaxe e copyright: Ben Cooper
Explicación: Destino: Plutón. A sonda espacial New Horizons ruxía desde a súa plataforma de lanzamento en Cabo Canaveral en Florida (EUA) en 2006, na procura de aventuras no afastado Sistema Solar. A nave é a máis rápida das naves espaciais nunca antes lanzada por humanos, pasando pola Lúa só nove horas despois do despegue, e por Xúpiter só un ano despois. Tras gastar case unha década cruzando o Sistema Solar, a New Horizons sobrevoará Plutón o martes. Plutón, oficialmente un planeta cando a New Horizons foi lanzada, nunca foi visitado por unha nave espacial ou fotografado de preto. Despois de Plutón, a sonda espacial automática visitará un ou máis obxectos do Cinto de Kuiper orbitando ao Sol aínda máis lonxe ca Plutón. Na fotografía, a nave New Horizons despega cara o espazo na parte dianteira dun potente foguete Atlas V.

Novidades do sobrevoo de Plutón: #PlutoFlyby, Twitter, Facebook, Web