Zeta Oph: estrela fuxidía

ZetaOph_spitzer_960Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Spitzer Space Telescope
Explicación: coma un barco abríndose paso ao través dos mares cósmicos, a estrela fuxidía Zeta Ophiuchi produce a onda de cinterestelar en forma de arco ou onda de choque que se olla neste espectacular retrato infravermello. Na imaxe en falsa cor, a azulada Zeta Oph, unha estrela unhas 20 veces máis masiva có Sol, sitúase preto do centro do cadro, movéndose cara a esquerda a 24 quilómetros por segundo. O seu potente vento estelar a precede, comprimindo e quecento o poeirento material interestelar e dándolle forma áo curvado fronte de choque. Ao redor están as nubes de material relativamente tranquilo. Que mantén a esta estrela en movemento? Probablemente Zeta Oph fora unha vez membro dun sistema estelar binario, a súa estrela compañeira sería máis masiva e polo tando viviu menos tempo. Cando a compañeira estoupou coma unha supernova perdendo masa de xeito catastrófico, foi expulsada do sistema. A uns 460 anos luz de distancia, Zeta Oph é unhas 65.000 veces máis luminosa có Sol e sería unha das estrelas máis brillantes do ceo se non estivera arrodeada polo po escurecedor. A imaxe abarca uns 1,5 graos ou 12 anos luz á distancia estimada de Zeta Ophiuchi.