O APOD fai 20 anos hoxe


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.
Créditos da imaxe e Copyright: Desculpas a: o Astrómo e o Xeógrafo; de  Vermeer; Pixelado de imaxes: Rob Stevenson

Explicación: benvido ao aniversario vicenal do Astronomy Picture of the Day (Imaxe Astronómica do Día)! Quizais unha fonde de consistencia web para algúns, o APOD aínda está aquí. is still here. Ao igual que ao longo dos 20 anos de escolma de imaxes, escritura de textos e edición das páxinas web do APOD, o ás veces traballador Robert Nemiroff (esquerda) mailo frecuentemente persistente Jerry Bonnell (dereita) aparecen representados arriba para salientar outra imaxe non consciente do noso cosmos. Aínda que a imaxe publicada poida parecer semellante á composición extravagente de Vermeer que se usou no quinto aniversario do APOD, un ollo atento podería captar que foi re-pixelada dixitalmente empregando moitas das aproximadamente 5.000 imaxes do APOD que apareceron durante a antigüidade do APOD. (Atopas algunha das imaxes destacadas do APOD?) Unha vez máis, desde o APOD gustaríanos ofrecervos un sincero agradecemento aos nosos lectores polo interese continuado, o apoio e moitas comunicacións simpáticas. Se te consideras a ti mesmo un admirador do APOD, poderías pensar en unirte aos Amigos do APOD.

Entrevista polo 20 aniversario: unha historia oral do Astronomy Picture of the Day