M101: a galaxia Tarabela

m101 a galaxia tarabela
Créditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Space Telescope;
Procesado e  copyright: Robert Gendler
Explicación: por que tantas galaxias parecen espirais? Un exemplo espectacular é M101, amosada enriba, cunha distancia relativamante achegada duns 27 millóns de anos luz que permiten ser estudada con certo detalle. As evidencias observacionais sinalan que unha interacción gravitatoria cunha galaxia veciña creou ondas de masa elevada E gas condensado que continúan a orbitar o centro galáctico. Estas ondas comprimen o gas existente e provocan a formación de estrelas. Un dos resultados é M101, chamada tamén a galaxia Tarabela, con varias rexións de formación estelar extremadamente brillantes (chamadas rexións HII) espalladas polos seus brazos espirais. M101 é tan grande que a súa enorme gravidade distorsiona as galaxias achegadas máis pequenas.

Unha reflexión sobre “M101: a galaxia Tarabela

  1. Tiven a audacia de copiar e pegar texto e imaxe APOD Galego Observatorio.info por non imaxe da NASA para APOD e mencionei a fonte, espero que non incomodar e moitas grazas ao ben da información sjtctes@gmail.com

Os comentarios están pechados.