Voar sobre o planeta anano Ceres


Créditos do vídeo: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA, DLR, ESO
Explicación: a que se parecería voar sobre o planeta anano Ceres? Animadores do Centro Aeroespacial Alemán tomaron recentemente imaxes reais e datos de alturas da misión automátida Dawn da NASA, actualmente de visita en Ceres, para xerar varias secuencias virtuais fascinantes. O vídeo publicado comeza cunha órbita de proba ao redor da rocha espacial de 950 km de ancho, co cráter que amosa dúas das enigmáticas manchas brancas aparecendo cedo á vista pola rotación. As seguintes secuencias levan ao observador ao redor dos polos norte e sur de Ceres, e despois sobre o limbo do mundo escuro que salienta a súa superficie ateigada de cráteres. Aquí, a altura do terreo do meirande obxecto do cinto de asteroides foi dobrado dixitalmente, mentre se engadiu no fondo un campo artificial de estrelas. A sonda espacial Dawn probablemente ficará coma unha estraña lúa artificial de Ceres moito despois de que a misión conclúa.