A Vía Láctea sobre o Templo de Poseidón



See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Alexandros Maragos; Anotacións: Judy Schmidt
Explicación: que é iso brillante ao lonxe? Aínda que poida parecer un faro, o raio de luz preto do horizonte emana realmente do Templo de Poseidón, no Cabo Sounion (Grecia). Incluso algunhas luces do templo se reflicten no mar Exeo no primeiro plano. Aínda que significa un monumento adicado ao mar, nesta imaxe as luces do templo semellan estar a apuntar cara lugares do ceo. Por exemplo, o raio profundo cara a dereita apunta por casualidade cara a nebulosa da Lagoa na banda central da nosa Vía Láctea, que correo diagonalmente cara abaixo na imaxe desde o extremo superior esquerdo. Ademais, o feixe vertical parece apuntar cara as nubes estelares preto da dirección do cúmulo aberto de estrelas do Pato Salvaxe. A imaxe publicada tirouse hai menos de tres semanas.