NGC 2419; un vagabundo intergaláctico

ngc2419 o vagabundo intragalácticoCréditos da imaxe e copyright: Bob Franke
Explicación: tres obxectos destacan nesta profunda imaxe telescópica, unha visión cara a constelación furtiva de Lynx. Os dous máis brillantes (con picos) son estrelas achegadas. O terceiro é o afastado cúmulo estelar globular NGC 2419, á distancia de case 300 000 anos luz. NGC 2419 ás veces chámase “o Vagabundo Intergaláctico”, un título axeitado considerando que a distancia á galaxia satélite da Vía Láctea, a Gran Nube de Magallanes, é só duns 160 000 anos luz. O propio NGC 2419, máis ou menos semellante a outros grandes cúmulos globulares de estrellas coma Omega Centauri, é intrinsecamente brillante, pero aparece tenue porque está moi lonxe. NGC 2419 pode ter realmente unha orixe extragaláctica coma, por exemplo, os refugallos dunha galaxia pequena capturada e rota pola Vía Láctea. Pero a súa enorme distancia fai difícil o estudalo e comparar as súas propiedades con outros cúmulos globulares que vagan o halo da nosa galaxia Vía Láctea.