Aurora vibrante sobre Islandia

 Créditos do vídeo e copyright: Stéphane Vetter (Nuits sacrées); Música: Eric Aron

Explicación: por que algunhas auroras vibran? Ninguén está certo. Aínda que este comportamento estraño coñeceuse durante moito tempo, a causa fica como tema activo de investigación. Aquí publícase un vídeo espectacular que captou algunhas impresionantes auroras vibrantes a mediados de marzo sobre o glaciar Svínafellsjökull Glacier de Islandia. O vídeo de 8 segundos amosado non é un vídeo secuencia. As pulsacións en tempo real están exemplificadas por secuencias nas que se pode ver ao astrofotógrafo movéndose polo primeiro plano. Un exame máis achegado das enigmáticas cores escintilantes do ceo desvela que algunhas estruturas parecen repetirse, mentres outras non. A rapidez das pulsacións que se ven aquí son en certo xeito estrañas; máis comúns son as auroras con pulsacións que duran varios segundos. Unha investigación recente amosa que as pulsacións con máis comúns nas auroras xeradas por electróns, máis ca nas auroras de protóns, e que o Ecampo magnético local da Terra pode fluctuar ao mesmo unísono.