O grupo de manchas solares AR 2339 cruza o Sol



Créditos das imaxes: NASA, SDO. Compilación do vídeo e copyright: Stanislav Korotkiy (AstroAlert) e Mikhail Chubarets;
Música: Pas de Deux (Bird Creek)
Explicación: como evolucionan as manchas solares? As manchas solares grandes e escuras, e as rexións activas que as conteñen, poden durar semanas, pero todas están cambiando constantemente durante ese tempo. Esas variacións foron particularmente aparentes hai unhas poucas semanas mentres a rexión activa AR 2339 veu ao redor do limbo do Sol e foi seguida durante os seguintes 12 días polo Solar Dynamic Observatory da NASA. No vídeo secuencia publicado, algunhas manchas solares afástanse, mentres outras se fusionan. Ao mesmo tempo,as rexións umbrais escuras centrais varían internamente e as penumbras do seu arredor, máis claras, escintilan e abálanse. O  Sol ao derredor semella tremelocer mentres a alfombra de gránulos amarelos vai e ben nunha escala de tempo de horas. En xeral, as manchas solares son rexións relativamente frías nas que o campo magnético local fura a superficie do Sol e inhibe a calor. Durante a semana pasada, unha rexión aínda máis activa, AR 2371, estivo a cruzar o Sol e ceibando labaradas que resultaron en impresionantes auroras aquí na Terra.