Auroras e ronseis estelares sobre Islandia

 LakeMyvatn_Brady_1080Créditos da imaxe e copyright: Vincent Brady
Explicación: foi unha das noites de auroras máis tranquilas en semanas. Aínda así, ao norte de Islandia durante o novembro pasado, as tenues auroras alumearon o ceo durante toda a noite despexada. A panorámica de 360 graos publicada é a fusión dixital de cámaras gran angular, cada unha das cales tirou 101 disparos durante 42 minutos. No primeiro plano está o tranquilo lago Myvatn, punteado de formacións rochosas pintorescas que quedaron dos antigos fluxos de lava. As auroras verdes e baixas varren todo o ceo amosando unha complexidade impresionante preto do horizonte. As estrelas, afastadas ao lonxe, aparecen para amosar os seus estranos ronseis, mentres a Terra xira, debido a que as primeiras exposicións foron atenuadas artificialmente.