Xúpiter, Ganímedes, gran mancha vermella

Xúpiter, Ganímedes e a gran mancha vermella
Créditos da imaxe e copyright: Damian Peach/SEN
Explicación: nesta definida instantánea, a lúa máis grande do Sistema Solar, Ganímedes, posa xunto ao planeta máis grande, Xúpiter. A escena, captada cun pequeno telescopio o 10 de marzo desde o noso fermoso planeta Terra, tamén inclúe á Grande Mancha Vermella de Xúpiter, a meirande tormenta do Sistema Solar. De feito, Ganímedes ten uns 5.260 quilómetros de diámetro. Iso elimina a tres dos outros satélites galineanos compañeiros, así como á lúa Titán de Saturno con 5.150 quilómetros e á propia Lúa da Terra con 3.480 quilómetros. Aínda que ultimamente está a diminuír, o diámetro da Gran Mancha Vermella aínda está ao redor dos 16.500 quilómetros. Xúpiter, o xigante gasoso que domina o Sistema Solar, ten uns 143.000 quilómetros de diámetro no seu ecuador. Iso é case o 10 por cento do diámetro do Sol.