A magnífica nebulosa Cabeza de Cabalo

Horsehead_Colombari_960
Créditos da imaxe e copyright: datos: Giuseppe Carmine Iaffaldano; procesado: Roberto Colombari
Explicación: esculpida por ventos e radiación estelares, unha magnífica nube de po interestelar pode adquirir de casualidade unha forma recoñecible. Axeitadamente chamada a nebulosa Cabeza de Cabalo, está a uns 1.500 anos luz de distancia, incrustada no enorme complexo de nubes de Orión. Cuns cinco anos luz de “altura”, a nubes escura está catalogada coma Barnard 33 e pode ollarse só debido a que o seu po escuro está perfilado contra a brillante nebulosa de emisión vermella IC 434. As estrelas están a formarse no interior da nube escura. En contraste, temos a nebulosa de reflexión azul NGC 2023, que arrodea a unha estrela moza e quente, que está na parte inferior esquerda. A espectacular imaxe publicada combina imaxes tanto de banda estreita como ancha.