O ceo desde Mauna Kea

O ceo desde Mauna KeaCréditos da imaxe e copyright: Shane Black Photography
Explicación: que pasaría se puideras ficar no cumio dun volcán e ollar ao universo?  hat if you could stand at the top of a volcano and peer out across the universe? Se o momento é o correcto, poderías mirar unha panorámica abraiante como o que se amosa aquí. Neste caso, o volcán é o Mauna Kea de Hawaii, e o momento era unha noite clara do verán pasado. No primeiro plano desta panorámica que apunta ao sur está unha lpaisaxe escarpada moteada de rochas. Lixeiramente por riba e máis lonxe, unha wmanta branca de nubes espállase horizontalmente ata o horizonte, como se dividise o ceo da Terra. As luces da cidade alumean as nubes mailo ceo no extremo esquerdo, mentres a lava laranxa da caldera volcánica do Kilauea alumea ás nubes xusto á esquerda do centro. O cumio unh volcán de Hawaii aínda máis afastado, o Mauna Loa, pode verse perfilado escuro preto do horizonte central. A luminescencia verde óllase por riba das nubes, provocada polas moléculas de aire excitadas polo Sol durante o día. A Lúa é o orbe brillante da dereita. Unha banda difusa de luz zodiacal coloreada esténdese desde o extremo dereito. Máis lonxe, a impresionante franxa central da nosa galaxia Vía Láctea semella erguerse verticalmente desde Mauna Loa. A persoa que presenzou e gravou esta panorámica espectacular fica diante túa, no centro da imaxe.