MyCn18: unha nebulosa planetaria tipo reloxo de area

mycn18_hst_960Créditos da imaxe: R. Sahai and J. Trauger (JPL), WFPC2, HST, NASA
Explicación: as areas do tempo esgótanse para a estrela central desta nebulosa planetaria con forma de reloxo de area. Co seu combustible nuclear en mínimos, esta fase concluínte, breve e espectacular, da vida dunha estrela do tipo solar ocorre mentres as súas capas máis externas son expulsadas; o seu núcleo está a converterse nunha anana branca fría e feble. En 1995, os astrónomos empregaron o Telescopio Espacial Hubble (HST) para tomar unha serie de imaxes da nebulosa planetaria, incluíndo a de enriba. Aquí, os aneis delicados de gas brillante cheo de cor (vermello-nitróxeno, verde-hidróxeno e azul-osíxeno) perfilan os muros tenues do reloxo de area. A definición sen precedentes das imaxes do HST desvelaron detalles abraiantes do proceso de exección da nebulosa que están axudanto a resolver os misterios pendentes das formas complexas e as simetrías das nebulosas planetarias.