O Trío de Leo

O trío de LeoCréditos da imaxe e copyright: Philippe Durville
Explicación: este popular grupo é recoñecido como o Triplete de Leo; unha reunión de tres galaxias magníficas no mesmo campo de vista. Moi agradecido aínda cando se olla con telescopios modestos, poden presentarse de xeito individual coma NGC 3628 (esquerda), M66 (fondo dereita) e M65 (arriba). As tres son grandes galaxias espirais pero tenden a parecer diferentes porque os seus discos galácticos están inclinados en ángulos diferentes á nosa liña de visión. NGC 3628 óllase de cando, con corredores de po escurecedor cortando o plano da galaxia, mentres os discos de M66 e M65 están ámbolos dous inclinados abondo para fachendear da súa estrutura espiral. As interaccións gravitatorias entre as galaxias do grupo tamén deixaron signos esclarecedores, que inclúen o disco inflado e retorto de NGC 3628 e os brazos espirais prolongados de M66. Esta vista espectacular da rexión abarca máis ou menos un grao (dúas lúas cheas) do ceo. O campo cobre uns 500 milleiros de anos luz á distancia estimada para o trío de 30 millóns de anos luz.