No límite da difracción

No límite da difracciónCréditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Observatorio Las Campanas, Carnegie Institution)
Explicación: algunha vez quixeches mirar ao través dun ocular dun gran telescopio no espazo? Se puideras, ollarías unha imaxe definida que estaba limitada pola difracción. Sen afectar polo enturbamento atmosférico que ultimamente amola aos observadores terrestres, a resolución angular da túa visión limitada pola difracción estaría determinada só pola lonxitude de onda da luz e o diámetro da lente ou espello do telescopio; canto máis grande o diámetro, máis definida a imaxe. Aínda máis, nesta instantánea baseada en traballo terrestre está a usarse un novo sistema de óptica adaptativa (MagAO) para contrarrestar o desenfocado atmosférico nunha observación visual do famoso sistema estelar binario Alpha Centauri. O astrónomo Laird Close, probando o sistema nun ocular do Telescopio Magellan Clay de 6,5 metros no Observatorio Las Campanas, está a gozar dunha himaxe histórica limitada á difracción (inserto) e a ampla separación aparente do sistema estelar binario achegado… sen viaxar á órbita baixa terrestre.