Triángulos de verán sobre Xapón


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Shingo Takei (TWAN)
Explicación: algunha vez viches o Triángulo de Verán? As estrelas brillantes Vega, Deneb, e Altair forman un triángulo grande no ceo que pode ollarse subindo polo ceo a comezos da primavera setentrional pola mañá e erguéndose no outono setentrional durante o anoitecer. Nos meses de verán, o triángulo áchase de xeito sinxelo por riba da cabeza preto da medianoite. Aquí se amosa o asterismo do Triángulo de Verán captado o mes pasado desde Gunma, Xapón. No primeiro plano, mostrando a súa propia forma triangular, hai unha cerdeira en flor de 500 anos de idade, cuns 15 metros de altura. A forma triangular do asterismo só é evidente desde a perspectiva da Terra; en realidade as estrelas están afastadas por milleiros de anos luz de distancia no espazo.