Anomalías gravitatorias de Mercurio

Mapa gravitatorio de MercurioCréditos da imaxe: NASA, GSFC‘s SVS, JHU’s APL, Carnegie Inst. Washington
Explicación: que hai baixo a superficie de Mercurio? A nave espacial automática MESSENGER que estivo a orbitar ao planeta Mercurio durante os pasados catro anos estivo a transmitir os seus datos cara a Terra con ondas de radio de enerxía moi precisa. Porén, a gravidade do planeta cambiaba lixeiramente esta enerxía cando se medía na Terra, o que permitiu a reconstrución dun mapa de gravidade dunha precisión sen precedentes. Aquí amósanse as anomalías gravitatorias en cores falsas, superpostas na imaxe da superficie planetaria chea de cráteres. As cores vermellas indican áreas de gravidade lixeiramente máis elevada, o que por contra significa zonas que deberían ter materia estrañamente máis densa baixo a superficie. A zona central é a conca Caloris, un enorme accidente xeográfico de impacto cun diámetro medido de 1.500 quilómetros. A semana pasada, despois de completar a súa misión e ficar baixa de combustible, a MESSENGER  dirixida á mantenta para chocar sobre a superficie de Mercurio.