Mencer lunar ao través da sombra do Mauna Kea

moonrisemk_connelley_960Image Credit & Copyright: Michael Connelley (U. Hawaii)
Explanation: como pode saír a Lúa ao través dunha montaña? Non pode; o que foi fotografado aquí é un mencer lunar ao través da sombra dun gran volcán. O Voldán é o Mauna Kea (Hawai’i, EUA), unha representación frecuente de sfotografías espectaculares porque probablemente é o principal lugar de observación do planeta Terra. O Sol acaba de poñerse na dirección oposta, tras da cámara. Adicionalmente, a Lúa acaba de pasar a fase chea; se estivera exactamete na fase completa ergueríase, posiblemente eclipsada, polo cumio da sombra. Realmente, a Lúa está a saír polo cono triangular de sombra do volcán, un corredor de escuridade que se estreita na distancia como vías de tren que converxen. A Lúa é demasiado grande e está demasiado afastada para verse afectada pola sombra do volcán. A refracción do luar ao través da atmosfera da Terra provoca que a Lúa pareza lixeiramente oval. Os conos de cinza das antigas erupcións volcánicas poden verse no primeiro plano.