M51: a galaxia Remuíño

M51, a galaxia do remuíñoCréditos da imaxe e copyright: Martin Pugh
Explicación: segue o mango do Setestrelo (N. T.: Gran Cullerón, no inglés orixinal) cara fóra do cazo ata chegares á última estrela brillante do mango. Logo só tes que escorregar o teu telescopio un chisco cara o sur e o oeste e poida que atopes esta espectacular parella de galaxias en interacción, a entrada número 51 do famoso catálogo de Charles Messier. Quizais a nebulosa espiral orixinal, a galaxia grande e con estrutura espiral ben definida, sexa tamén a catalogada coma NGC 5194. Os seus brazos espirais e os corredores de po varren claramente perante da súa galaxia compañeira (dereita), NGC 5195. A parella está a uns 31 millóns de anos luz de distancia e atópase oficialmente no interior dos bordos angulares da pequena constelación Canes Venatici. Aínda que M51 semella feble e borrosa a simple vista, as imaxes fondas coma esta poden desvelar cores abraiantes e os tenues restos de marea ao redor da galaxia máis pequena.