Cráteres Messier en estéreo

Os cráteres Messier en estéreoCréditos da imaxe: Apollo 11, NASA; Imaxe en estéreo de Patrick Vantuyne
Explicación: moitos cúmulos estelares e nebulosas brillantes do ceo do planeta Terra están asociados co nome do astrónomo Charles Messier, desde o seu famoso catálogo do século XVIII. O seu nome tamén se lle dá a estes dous cráteres grandes e destacados da Lúa. Notorios no mar lunar liso e escuro da Fertilidade ou Mare Fecunditatis, Messier (esquerda) e Messier A teñen dimensións de 15 por 8 e 16 por 11 quilómetros respectivamente. As súas formas alongadas explícanse por unha traxectoria de ángulo moi baixo seguida polo impactador, movéndose de esquerda a dereita, que escavou os cráteres. O impacto superficial tamén provocou dous raios brillantes de material que se estenden ao longo da superficie cara a dereita da imaxe. Esta imaxe espectacular estereofónica da parella de cráteres, preparada para ser mirada con lentes vermellas/azuis (vermello para o ollo esquerdo), creouse recentemente a partires de escaneos de alta resolución de dúas fotografías (AS11-42-6304, AS11-42-6305) tiradas durante a misión Apollo 11 á Lúa.