O cometa Churyumov-Gerasimenko en cuarto crecente

O cometa Churyunov Geramisenko en cuarto crecenteCréditos da imaxe: ESA, Rosetta, NAVCAM; procesada por Giuseppe Conzo
Explicación: que lle está a acontecer ao cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko? Mentres o cometa de 3 km de ancho se move máis preto do Sol, a calor fai que o núcleo expulse gas e po. A sonda espacial Rosetta chegou ao escarpado dobre núcleo do cometa o pasado mes de xullo e agora está a co-orbitar o Sol xunto co xigante iceberg escuro. A recente análise dos datos transmitidos á Terra desde a sonda espacial automática Rosetta están agora a amosar que a auga que expulsa 67P ten unha diferencia importante coa auga da Terra, indicando que a auga terrestre podería non ter sido orixinada por colisións antigas con cometas coma este. Ademais, nin a Rosetta nin o seu aterrador Philae detectaron campo magético ao redor do núcleo cometario, apuntando a que o magnetismo podería ter carecido de importancia na evolución do Sistema Solar temperán. O cometa 67P, amosado nunha fase crecente en cores falsas, debería incrementar a súa velocidade de evaporación mentres se aproxima ao seu punto máis achegado ao Sol en agosto de 2015, cando chegue a unha distancia do Sol xusto un pouco máis lonxe que á Terra.