A masiva e achegada galaxia espiral NGC 2841

ngc2841_hstColombari_1080Créditos da imaxe: Hubble, Subaru; Composición e copyright: Roberto Colombari
Explicación: é unha das galaxias máis masivas coñecidas. A tan só 46 millóns de quilómetros de distancia, a galaxia espiral NGC 2841 pode atoparse na constelación setentrional de Ursa Major. Esta imaxe definida do espectacular universo illa fachendea duns abraintes núcleo e disco galácticos amarelos. Os corredores de po, as pequenas e rosadas rexións de formación estelar e os cúmulos de estrelas azuis novas están incrustados nos brazos moi apretados e moteados. Por contra, moitas outras espirais exhiben brazos grandes e amplos con rexións de formación estelar grandes. NGC 2841 ten un diámetro duns 150.000 anos luz, incluso maior cá nosa propia Vía Láctea, captada por esta imaxe composta que fusiona exposicións desde o Telescopio Espacial Hubble en órbita de 2,4 metros e o Telescopio Subaru, en terra, de 8,2 metros. As imaxes en raios X suxiren que os ventos e as explosións estelares resultantes crean penachos de gas quente que se estenden nun halo ao redor de NGC 2841.