Coloridas nubes estelares en Cygnus

Coloridas nubes estelares en CygnusCréditos da imaxe e copyright: André van der Hoeven
Explicación: as estrelas poden formarse en contornos cheos de cor. Aquí pubícase unha rexión de formación de estrelas rica en gas e po brillante cara a constelación do Cisne (Cygnus), preto da brillante estrela Sadr. Esta rexión, que abarca uns 50 anos luz, forma parte da nebulosa Gamma Cygni que se atopa a uns 1.800 anos luz de distancia. Cara á dereita da imaxe está Barnard 344, unha nube de po escura e retorta rica de gas molecular frío. Un muro espectacular de po e gas hidróxeno, que brilla en vermello, forma unha liña cara abaixo do centro da imaxe. Mentres que o gas brillante é indicativo das pequenas nebulosas de emisión, as zonas tinguidas de azul son nebulosas de reflexión; luz estelar que se reflicte desde os grans de po normalmente escuros. Probablemente a nebulosa Gamma Cygni non durará o vindeiro milleiro de millóns de anos, mentres que a maioría das estrelas novas e brillantes explosionarán, a maior parte do po será destruído e case todo gas se afastará.