A Vía Láctea sobre un volcán en erupción

VolcanoWay_montufar_960Créditos da imaxe e copyright: Sergio Montúfar
Explicación: esta vista fixo que merecera a pena a viaxe. Batallando contra os ventos fortes, as temperaturas frías e o osíxeno baixo, a camiñada ata preto do alto do volcán Santa María en Guatemala (transportando o sensible equipamento fotográfico), foi solitario e difícil. Aínda que unha vez chegado, a cámara captou esta impresionante vista durante as primeiras horas da mañá do 28 de febreiro. Visible sobre o terreo hai seis volcáns do Arco Volcánico de América Central, incluindo Fuego, o Volcán de Lume, que se olla en erupción na distancia. Poden ollarse no ceo, en exposicións separadas tiradas uns poucos minutos máis tarde, moitas estrelas moito máis lonxe na distancia, así como a franxa central da nosa galaxia Vía Láctea situada horizontalmente no máis alto.