Sentinelas do Ártico

snowtrees_bonfadini_960Créditos da imaxe e copyright: Niccolò Bonfadini
Explicación: quen garda o norte? Xulgando a fotografía de enriba, posiblemente árbores xigantes cubertos de neve e xeo. A fotografía publicada tirouse hai uns poucos invernos na Laponia finesa onde o tempo pode incluír temperaturas baixo ceo e neve torrencial. Resultan ás veces paisaxes surreais, onde as árbores normais agóchanse de branco e semellan, ás veces, extraterrestres vixilantes. Lonxe na distancia, por tras desta vista terrestre, pouco común, hai unha vista máis habitual; un cinto de Venus que dividía un ceo escuro do alumeado mentres o Sol se erguía por tras do fotógrafo. Como é natural, na primavera, as árbores desconxélanse e Laponia parece moi diferente.