Venus no oeste

Venus no horizonte oesteCréditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Explicación: nos vindeiros días, Venus brilla preto do horizonte occidental ao solpor. Para atopar ao planeta irmán da Terra nos ceos do crepúsculo só tes que procurar a brillante estrela vespertina. Venus, moi preto nesta noite do cúmulo estelar das Pléiades, domina esta paisaxe celeste nocturna de primavera tirada hai só uns poucos días preto da cidade de Lich na Alemania central. Tamén coñecidas coma as Sete Irmás, as estrelas do compacto cúmulo das Pléiades aparecen por riba de Venus nesta imaxe. A incipiente árbore bifúrcase á esquerda da estrela brillante Aldebarán, o ollo de Taurus o Touro, e o cúmulo estelar das Híades. con forma de V.