NGC 2903: unha xoia perdida en Leo

N2903CCréditos da imaxe e copyright: Tony Hallas
Explicación: a galaxia espiral barrada NGC 2903 está só a uns 20 millóns de anos luz de distancia. Popular entre os astrónomos afeccionados, brilla na constelación setentrional de primavera de Leo, preto do alto da cabeza do león. Esa parte da constelación óllase coma unha interrogación ao revés ou unha fouce. NGC 2903, unha das galaxias máis brillantes que se pode mirar desde o hemisferio norte, está desaparecida abraiantamente do famoso catálogo de Charles Messier de atraccións celestes. Esta imaxe en cor cunha definición impresionante desde un telescopio terrestre pequeno fachendea de preciosos brazos espirais da galaxia perfilados por cúmuulos de estrelas azuis e novas e rexións de formación estelar rosadas. Están incluídos detalles intrigantes do núcleo brillante de NGC 2903, unha mestura destacada de cúmulos novos e vellos con inmensas nubes de gas e po. De feito, NGC 2903 exhibe un índice excepcional de actividade de formación estelar preto do seu centro, tamén brillante nas bandas de raios X, ultravioleta, infravermello e radio. NGC 2903, xusto un pouco máis pequena cá nosa propia Vía Láctea, ten uns 80.000 anos luz de diámetro.